logo
Nome do centro
banner da universidade

Prof. Dr. Pablo Raúl Bonorino Ramírez

Profesor Titular de Universidade de Filosofía do Dereito da Universidade de Vigo.

Curriculum

Doutor en Dereito (Universidade de León, España, 1999), Cursou a Maestría en Epistemoloxía e Metodoloxía da investigación científica (UNMdP, 1994-96), Título de Abogado (UNMdP, 1991), Licenciado en Dereito (España, 2000).

Profesor Titular de Universidade na área de Filosofía do Derecito (Facultade de Dereito, Universidade de Vigo). Foi Profesor Adxunto de “Lóxica Xurídica” e “Teoría Xeral do Dereito” (Facultade de Dereito, Universidade Nacional e Mar del Prata, Arxentina, 1994-2000) e Titular de Cátedra Interino de “Lóxica Xurídica” (Facultade de Dereito, UNMdP, 2000-2001). É membro de SADAF (Sociedade Arxentina de Análise Filosófico) dende 1991.

Ten dado conferencias e dictado seminarios como profesor invitado na Universidade Autónoma de Madrid (1997), Universidade de Alicante (1997), Universidade de León (1998), Instituto de Cultura Giuridica Giovanni Tarello, Génova (1999), Universidade Nacional de Colombia, Bogotá (2000-2002), Escola Xudicial da República de El Salvador (2003, 2013), Escola Xudicial Lara Bonilla, Bogotá (2002-2012), Universidade Nacional de Mar del Prata (2008-2013) e UCA, Managua (2012).

Dirixiu o grupo de investigación sobre lóxica xurídica na Facultade de Dereito da UNMdP. (1999-2000). Foi coordinador do grupo de investigación sobre pluralismo xurídico que dirixe Juan Antonio García Amado na Facultade de Dereito da Universidade de León no período 1998-2000. Actualmente dirixe o proxecto de investigación “Razoamento abductivo e argumentación xudicial” financiado polo MICINN e é investigador principal do agrupamento estable AGAF financiado pola Xunta de Galicia no programa de “Grupos de potencial crecemento”. Dirixe un proxecto de innovación docente financiado pola Universidade de Vigo para utilizar o debate coma ferramenta didáctica no que participan máis de 30 profesores de catro universidades (visite a sección Investigación).

Publicou numeroros artigos e monografías sobre temas xurídicos en editoriais e publicacións nacionais e estranxeiras. Ten publicado artigos en diversas revistas especializadas: Doxa (España), Analisi e Diritto (Italia), Droit et Sociéte (Francia), Anuario de Filosofía do Dereito (España) e Cadernos de Etica (Arxentina) (visite a sección Publicacións).

Dirixe o seminario Pensar o cine que se ven realizando anualmente na Universidade de Vigo; coordina a “Liga de Debate da Universidade de Vigo” e é o editor da revista INTERSEXIONES.

Exerceu a profesión de avogado dende 1992 ata 1994. Foi Oficial Relator do Tribunal Oral Criminal Federal de Mar del Prata dende 1994 ata 2001.

 

Facultade de Dereito | Campus Universitario | C.P. 32004 Ourense | España | bonorino@uvigo.es | pbonorino@hotmail.com | Perfil en Facebook